Do 26 ao 30 de maio a profesora Lucía Loureiro tivo a oportunidade de coñecer a Mediterranean University Podgorica, en Montenegro, no marco do programa europeo Erasmus+.
Xunto con docentes doutros centros españois de formación profesional, descubriu a súa amplia oferta formativa e os proxectos que están desenvolvendo, dos que de seguro formaremos parte nun futuro.
Tamén, da man da propia universidade, puido visitar as instalacións da empresa Plantaže: asentada nunha antiga base militar, no 2007 este espazo reconvértese para albergar parte das instalacións da que hoxe en día é a maior adega do país. Alí coincidiu con estudantes galegos de comercio que están a realizar a súa FCT.
En definitiva, unha experiencia única nun país cheo de contrastes!