Datos prácticos sobre a vida en Eslovaquia:
- Como temos a mesma hora que España, estando moito máis ao leste, xa podedes imaxinar que o sol sae moito máis cedo (actualmente ás 6 da mañá), esto que podería ser unha simple anécdota, é algo de bastante relevancia tendo en conta que en Eslovaquia, como en moitos países europeos, NON HAI PERSIANAS!.
- Outra cousa que se atopa a faltar nos pisos eslovacos é a cortina de ducha, non coñezo a ninguén que vira unha por aquí.


- Falando de cervexa, aquí non atoparás envases de cervexa de menos de medio litro (eso di moito dun país!). O consumo medio anual dun eslovaco está nos 80 litros, que me parece moi pouco, eu en 2 semanas xa superei o 10% do consumo ese, e atópome moito señor eslovaco facendo eses pola rúa cada día.
- Aquí fúmase bastante, os restaurantes teñen zonas de fumadores, pero nas discotecas parece que se pode fumar libremente. aínda así, saíndo os fins de semana non se ve tanta xente fumando.
- Á hora de alimentarte, podes comer carne sen problemas, e incluso vexetais e froitas, pero non contes con poder comer pescado aquí, apenas hai, é de mala calidade e está carísimo. (Miguel, abre negocio aquí).
- O menú do día comeza ás 11:00, se pensas xantar despois das 13:00 h pódeste atopar con que xa non hai. Nesta páxina pódense consultar tódolos menús do día que sexa de tódolos restaurantes de Bratislava: http://www.obedovat.sk/bratislava/Lokalita_1_Bratislava_I. xa vedes que os prezos están moi ben.
- Cando vaias cruzar co semáforo de peatóns en verde non o penses 2 veces, porque só terás 4 segundos para facelo, aquí os semáforos de peatóns duran eso, 4 segundos, agora entendo por que vexo tan poucos vellos pola rúa...
- Amais, aqui os semáforos póñense en ambar antes de poñerse en verde para os conductores, así que xa están co pe preparado no acelerador.
2 comentarios:
Tomo nota mon, tomo nota
Y solo con lo que ganan del billete de los extranjeros les compensa?
Publicar un comentario