Hoxe imos comentar un pouco o que é unha das cousas máis importantes para min: a comida.
Á hora de xantar, hai que ter en conta que a xente o fai moi cedo aquí, entre as 11.00 e as 13:00 h. Bratislava estase adaptando a ser turística, e eso nótase nos restaurantes, cada vez hai máis camareiros que chapurrean inglés, pero tamén nos prezos. Comer en plan turista é caro, podes deixarte 12€ por persoa fácil.
MENU DO DÍA:
Agora ben, existen menús do día, que só poñen en eslovaco, entre 3,50 e 5€, en calquera restaurante da cidade. Este menú consta de sopa (sempre é sopa, dá igual que sexa verán e haxa 30º), plato principal (2 ou 3 para elixir), e dependendo do sitio, postre. A bebida está incluída nalguns sitios e noutros non, por iso o prezo ten esa horquilla de 1,5€.
Os menús de tódolos restaurantes pódense consultar online cada día, para facer unha elección axeitada:
http://www.obedovat.sk/bratislava/Lokalita_1_Bratislava_I.
RESTAURANTES DESTACADOS:
- Roland: o restaurante máis céntrico, cun aire a sitio tradicional e elegante. Comida moi rica, menú do día con postre e sen bebida 4,20€ (costaba 3,95€ fai 1 mes). O noso sitio habitual.
- The dubliner: típico pub irlandés de centroeuropa xD. 4,30€ con bebida incluída.

- Gatto Matto. Italiano moi acolledor e con todo moi rico, pelín caro. 4,30€ sen bebida nin postre.
- Beer palace. sitio moi chulo, que ten 5 pratos a escoller + un especial para vexetarianos. 4,25€ bebida incluida.
PRATOS TÍPICOS:
Aquí os pratos están baseados en 2 opcións: "kuracie alebo bravcove" (polo ou porco). Pódese comer pavo algún día, ou pato, pero non é habitual. Do mesmo xeito o pescado é escaso, ocasionalmente poñen "pangasius" ou salmón.
- Paradajkova polievka (sopa de tomate e queixo)

- Gulas Knedl'a (goulash con rebandas de masa) As rebandas de masa que parecen pan (knedl'a) son moi típicas da cociña eslovaca, e póñenas de acompañamento con moitos pratos.

- Halushky (prato típiquísimo a base de bacon e queixo de ovella)

COMIDA RAPIDA:
Como non pode ser doutro xeito, Bratislava está plagado tamén de pizzerías, kebabs e McDonalds. É de destacar que é moi usual que a xente compre algunha destas cousas pola rúa e a vaian comendo a media tarde.
2 anacos de pizza "callejera" (media pizza)--> 1 - 1,5 €
"kebab v Zemli" (durum kebab)--> 2,30 €
E agora nesta época, cucurucho pequeno de xelado de 1 bola--> 0,50 €
1 comentario:
Que barato todo!! Y que buena pinta tiene!!
Publicar un comentario