Un grupo de alumnos Erasmus levaron esta iniciativa onte na rúa Príncipe
REDACCIÓN Apertas gratis en plena rúa Príncipe. É o que onte ofreceu o colectivo Erasmus Student Network, que agrupa aos alumnos estranxeiros que cursan os seus estudos na Universidade de Vigo. A iniciativa, que os propios participantes anunciaban portando carteis nos seus idiomas de orixe, sorprendeu gratamente aos vigueses que a partir das 19.30 horas pasaron ante o Museo MARCO. Posteriormente, os xóvenes se reuniron nun local de Churruca para intercambiar impresións e hoxe teñen prevista unha visita a Cangas.
Fonte: Faro de Vigo (31/05/2012)
1 comentario:
Y cuando está previsto que pasen por cangas? Más que nada para estar alerta jeje.
Publicar un comentario