Convocatoria 2015/16
- AA Erasmus 2023-24 (8)
- AA Erasmus 2024-25 (4)
- Erasmus 2019-20 (1)
- Erasmus 2021-22 (5)
- Erasmus 2022-23 (11)
jueves, 17 de mayo de 2012
Xente de aquí e dacolá
Os eslovacos (e as eslovacas) son xente con fama de pechados. Os españois adoitan dicir que son fríos, pouco accesibles e aburridos.
A miña impresion, que coincide coa que me transmitiron os propios eslovacos, é que simplemente son algo pechados, pero unha vez consigues chegar a eles, son moi divertidos e amables. De feito a min non me semellan diferentes dos galegos, pero claro, si que son moi diferentes dos andaluces, por exemplo.
Chama a atención que a xente vai bastante seria pola rúa, e bastante en silencio, cando se escoita moito barullo e risas, adoita ser un estranxeiro (e non é raro que sexa un español).
A verdade é que non me relaciono con moitos eslovacos, de momento, pero só polo idioma, moi pouca xente se anima a falar en ingles.
No traballo está a miña compañeira Srta. Pelikantova. E gracioso ver unha eslovaca de metro noventa falando mexicano. É unha chavala moi divertida e sempre está de bo humor.
Os mércores vou xogar a futbol sala cos "veteranos". A metade son eslovacos (os mais grandes). So hai 1 que fale inglés, pero xa comezo a ter relacion co resto, entre o meu escaso eslovaco e o seu escaso inglés algo imos conseguindo, o futbol fai o resto. Chama a atencion que hai xente de bastante idade e que se conservan moi fortes.
Por certo, falando de futbol, queda claro a importancia da marca país, un día fomos xogar mais en serio con vinteañeros, a Karlova Ves, un barrio a 8 km de aqui, e ali a xente do barrio viña vernos xogar, porque eramos "Spanish tiqui-taca" e tíñanos por Iniesta e Xavi.
Este é o meu grupo de amigos, na cea de despedida de Jorge, o meu ex-compañeiro de traballo que volveu a España. Lembrades os informes do ICEX que utilizamos ao facer os proxectos? Pois son elaborados por algúns "individuos" como estes. Antes quedabamos sempre para ver a Champions e a liga, agora "eslovaquizámonos" e quedamos para seguir o Mundial, a seleccion de Eslovaquia está en semifinais!!! Non, non é futbol, é algo mais importante: Hockey sobre xeo!!! o deporte nacional aquí.
Ata o de agora so vin aos eslovacos "desatados" en 2 situacions: cando gañan un partido de hockey e as eslovacas na discoteca cando soa unha cancion que lles gusta.
Esta é a xente "de a diario", despois tamén me relacionei con varias galegas (un grupo de erasmus en Francia que viñeron un fin de semana de turismo e ourensanas que estaban visitando centroeuropa), algunha andaluza, eslovacos varios, etc.
Non teño moitas fotos, a verdade, ninguen leva nunca camara encima.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario