jueves, 7 de junio de 2012

Bratislava Language Exchange Meeting (BLEM)

Bueno, a entrada desta semana vai ser máis breve. Simplemente vou compartir unhas impresións da Language Exchange Meeting de onte.

Trátase dun intercambio lingüístico que se celebra o primeiro mércores de cada mes. Esta vez tiña lugar no Dunaj, un "bar" moi cultural e alternativo (coñecino o sábado e moloume moito o ambiente e o lugar), que está  nun edificio antigo con apariencia de destartalado e abandonado, na cuarta planta, á que se accede cun enorme montacargas.


É moi amplo e ten unha terraza cunhas vistas preciosas do Castelo, Novy Most e a Catedral de San Martin.



O mecanismo do BLEM é moi sinxelo, cada mesa ten un letreiro do idioma no que se fala e entón ti vaste sentando nas mesas que che interesan, coa túa cervexa. As linguas dispoñibles son moi diversas: Eslovaco, Inglés, español, francés, coreano, xaponés, ruso, serbio, croata, polaco, ... A gran novidade deste mes era a mesa de esperanto, que se estrenaba cunha ducia de persoas.

A miña intención era practicar sobre todo inglés, amais de falar coa xente de portugués que xa coñecía  (coñezo unha letona que fala portugués e coñece Galicia, amais de varios lisboetas), pero na mesa de español había un montón de eslovacos rubios mirándose sin dicir palabra, así que Ana (a responsable do Instituto Cervantes) nos pediu que empezásemos por alí. E así as cousas, falando falando, case non nos movemos desa mesa durante mais de 5  horas, polo que podo dicir que practiquei moito o meu español, empeorándoo considerablemente, jeje. Eso si, aos 20 minutos tiña a varias eslovacas preguntando por que existen "A Coruña" e "La Coruña", as diferencias entre o galego e o español ou que é un percebe.

A iniciativa está moi ben, porque aparte de practicar linguas, coñeces un montón de xente interesante, decátaste que hai persoas que sabe falar perfectamente eslovaco, checo, inglés, alemán, francés, español, ruso e polaco (todo eso 1 única persoa) e quedas coa boca aberta.

E unha vez máis quedou comprobado, os mais burros lingüisticamente falando: os españois, acabaron chegando unha decena, e só falaron castelán, e entre eles.

2 comentarios:

ProgEuropeos dijo...

que interesante!!

Ángel dijo...

Había que montar uno así aquí. Es un puntazo porque además de practicar el idioma también aprendes un poco sobre cada cultura.

Aprovéchalo!!