viernes, 22 de junio de 2012

Dovidenia Bratislava

Odio as despedidas, pero por moito que queira retrasalo, nalgún momento debería dicilo: Adeus Eslovaquia!




Non esquecerei sobre todo os meus últimos días aquí, os paseos en bici ao longo do Danubio (hai unha estrada só para bici/patíns dende Viena ata case Budapest, pasando por Bratislava, por suposto), así como as camiñatas polos montes e parques...























Que se me recoñeza e alabe a calidade futbolística (os eslovacos son moi fortes, pero técnicamente...)

Os saraos e actos oficiais da Cámara aos que xa me acostumara

A comunidade hispano-eslovaca e tódolos eventos que organizamos...

Poder atoparte ao eslovaco máis friki no lugar máis inesperado

Pero sobre todo, as cervexas cos amigos.

Por todo esto, prefiro pensar que non será un adeus, senón un   ata logo Bratislava!

No hay comentarios: