martes, 14 de agosto de 2012

As axudas ERASMUS contarán con máis fondos o vindeiro curso

O xestor dos proxectos Erasmus do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos en España (OAPEE), Fernando Bautista, garantiu a continuidade das becas Erasmus e anunciou un aumento de fondos europeos de entre catro e cinco millóns de euros para o vindeiro curso.
"No tengan ninguna duda que el programa Erasmus va a continuar", asegurou Bautista en declaracións aos periodistas, tras participar ea Aula "Ortega y Gasset" da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), que reúne aos 50 alumnos de Bachalerato e Formación Profesional con mellores expedientes académicos.
O aumento para o vindeiro curso suporá elevar a partida ata aproximadamente os 50 millóns de euros, a distribuir entre os distintos países da UE en función da súa demanda e participación, explicou.
Ainda así, precisou que esto non ten por qué traducirse nun aumento significativo da percepción económica que reciben os estudantes. O crecemento da demanda repercutirá, tamén, na distribución dos recursos.
...
Bautista sinalou ademáis que se vai crear o programa 'Erasmus for all' no que se vai integrar o conxunto de programas de mobilidade (Erasmus, Leonardo, Comenius ou Grundtvig), xuventude, deporte e cooperación internacional.

Fonte: El Mundo (14 agosto 2012) ,acceso á noticia

No hay comentarios: