PROGRAMA ERASMUS (Ciclos Superiores)
MOBILIDADE ESTUDANTES EN PRÁCTICAS
CONVOCATORIA 2012 / 2013
PROCESO DE SELECCIÓN
COMUNICACIÓN
EXAME INGLÉS
O IES LUIS SEOANE convoca aos alumnos do C.S. Comercio Internacional e C.S. Administración e Finanzas inscritos no programa Erasmus-mobilidade prácticas en empresas (no período abril-xuño 2013) á realización dunha proba de idioma:
· DÍA: 12 DE NOVEMBRO 2012 (LUNS)
· HORA: 16:30h (exame escrito)
· LUGAR: AULA 7
NOTA:
O exame oral realizarase á finalización do exame escrito.
OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
- Os alumnos que NON indicaran (a través de mail: progeuropeos@gmail.com) o seu interese en participar nesta proba de idioma, antes do 22 de outubro 2012 non se poderán presentar a ela.
- A data do exame non será modificada (nin parte escrita nin parte oral) salvo por causa médica, en cuxo caso o alumno deberá xustificalo debidamente.
- Enténdese que o alumno coñece con suficiente antelación dita data e ten a obriga de presentarse puntualmente no dia asignado á hora establecida.
- Os resultados do exame publicaranse no mes de decembro 2012.
- Para calquera aclaración: Departamento de Administración e Comercio ou por mail á dirección progeuropeos@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario