Lonxe do centro mais con boas comunicacións, atópase o barrio de Belém onde o Texo se funde co mar. Foi neste lugar onde partiron os exploradores portugueses á conquista de gran parte do mundo que tanta gloria lle deron a Portugal.
En Belém se atopan dúas das construcción máis significativas de Lisboa: o Mosteiro dos Jerónimos e a Torre de Belém. Tamén chama a atención o Monumento ós Descubridores, a Ponte 25 de Abril e o Museo Nacional de Coches, ademáis do Museo da Mariña, e o Museo Militar. Belém tamén acolle o Palacio de Belém, residencia do presidente portugués.
Ademáis podemos degustar os famosos pasteis de Belém, nun antigo local de gran tamaño e de clasica decoración lisboeta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario