viernes, 12 de abril de 2013

EXPORTAR EN GALEGO:

A Xunta de Galicia promove o uso do galego como oportunidade de negocio a nivel internacional

A Xunta de Galicia presentou esta mañá a campaña “Exportar en galego”, promovida pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE). O obxectivo principal desta nova iniciativa dirixida a promover o uso do galego no ámbito dos negocios é concienciar o empresariado galego de que a lingua propia de Galicia supón, para a exportación, unha vantaxe competitiva nos países de fala portuguesa.
...
No marco da campaña farase unha distribución da Guía para a exportación a países de lingua portuguesaa entidades de carácter económico e social de Galicia. A guía, que xa está accesible no web www.xunta.es/linguagalega, inclúe os principais datos demográficos, socioeconómicos e políticos dos países lusófonos, así como ligazóns de interese con información de utilidade para as empresas interesadas en estableceren relacións empresariais nestes territorios.
...
Toda a información no web www.xunta.es/linguagalega/exportar_galego

Ver noticia ao completo: fai click

No hay comentarios: