jueves, 2 de mayo de 2013

Becas mobilidade para titulados FP

O pasado luns 29 de abril 2013, vense de publicar no DOG a ORDE do 25 de abril de 2013 pola que se etablecen as bases que rexen as axudas para o programa GALEUROPA a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da UE, agás España, e se procede a súa convocatoria.

As estadías de prácticas formativas non remuneradas, terán como máximo 8 semanas de duración cun mínimo de 25 horas formativas semanais, entre o 1 de xuño e o 15 de novembro de 2013. As estadías se desenvolverán preferentemente na República Checa, Italia, Irlanda, Polonia, Holanda e Francia.


 
Requisitos:

  • Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello  de Galicia.
  • Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, o telo solicitado no momento de presentar a solicitude.
  • Que a dita titulación se obtivera nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
  • Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemá.


Dotación:
A cuantía ascenderá a 2.400 euros por participante

Mais información:
         Facede click sobre a primeira imaxe na parte dereita deste blog.

Enlace á convocatoria: