martes, 22 de octubre de 2013

Por-tu-gala bonita!


Olà! Preme o play e lee o meu post.






Unha vez mais escribo neste blog, contando un pouco das miñas experiencias por o pais veciño.

No meu posto de traballo, na E-goi, cada dia vou collendo mais responsabilidades, vou integrandome e aprendendo moito, mais do que aprendin nas clases diria eu. (Co perdón dos mestres).
Dase o caso de que na empresa na que estou, dedicase o marketing dixital, ese punto apenas o tocamos no curso, que como ben dixo Xose Espasandin:

-"eu incluiría mais de marketing 2.0".

¡Que razon tiña! O mercado de hoxe en dia e o do futuro van polo camiño 2.0 e 3.0. Un queda sorprendido co que se pode saber de alguen no mundo dixital, as posibilidades para facer estratexias de mercado son inmensas. Non sabia nin a metade das cousas que estou a aprender aqui.

Grazas que estou rodeado dun equipo fantastico de persoas das que podo aprender moito, e que a hora de perder tempo para ensinarme, non vacilan un momento en aclarame as dubidas.

Na sala de presentacions, co meu equipo.


O Mercores pasado impartin o meu primeiro webinario, no que tiña que ensinar a clientes como usar a ferramenta e o que podian lograr con ela. Saiume moi mal, inda que meus compañeiros dixeronme que a fixera moi ben, que incluso habia entrado a temas demasiado tecnicos, que non eran necesarios. O ser a miña primeira vez pesabame un pouco a responsabilidade de facelo ben, xa que aqui xoganse cartos.
O dia 30 teño que facer outro que espero facer moito mellor.






No que e o ambito de empresa non podo comentar demasiado, como comprenderedes os xogos quedan a porta da oficina, dentro todos estamos a gañar. E eu estou de cabeza con eles, os detalles son segredo profesional.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Este fin de semana, "minha namoradinha" veu a facerme unha visita a Matosinhos, aproveitando que, como non, xa estan de folga estudiantil...
Foi bo, por que asi sain un pouco que ultimamente estabame indo do traballo a casa, e viceversa. Visitamos a Ribeira do Douro, da que nun dia soleado, un pode quedar prendado de ese lugar e esas vistas.


Estàdio do Dragão

 Comezamos con ires o estadio de futbol do equipo local da cidade, o F.C Oporto,, non e un Santiago Bernabeu, nin un Camp Nou, pero e un estadio que rebosa de personalidade e unha curta pero intensa historia futbolistica.

Continuamos a nosa vista por a beira do rio Douro, donde paseamos durante toda a tarde ata a hora da cea. 
Aqui deixovos unhas panoramicas de o que se pode ver dende a Ponte Luiz I.


A ponte e peatonal e para o metro na sua parte superior, na parte inferior e para os coches.

A beira do Douro e moi pintoresca con xente de todos os lugares, con vendedores ambulantes, musicos tocando na calle, etc. Podese atopar algun sitio con moito encanto para cear como o "Chez Lapin" que ainda que non teño fotos, asegurovos que os ia encantar.Para subir a Ponte temos duas maneiras, unha e a pé e a outra e no funicular. Amba-las duas opcions encontranse o pe da ponte. O prezo por subir no funicular e de 2 €.



A ponte Luiz I vista dende a beira do Douro.


A finalizar o percorrido pola beira de Oporto, e cruzar a Vila Nova de Gaia nada mais entrar atopamonos con unha igrexa nun alto, o lado dunha base militar., na man dereita esta o teleferico.

Inda que a visita foi relampago, e quedamos con ganas de ir no teleferico, este fin de semana prometome a min mesmo ir o teleferico, xa que as vistas prometen. O teleferico so a ultima viaxe faina as 6:00 PM, nos chegamos as 6:10... a viaxe custa 8 €.

Deixovos unha ultima vista de Oporto dende Vila Nova de Gaia, que espero que vos anime a vir a coñecer Oporto.


Vistas dende o alto de Vila Nova de Gaia.


Seguirei informando dende a cidade do Douro. Até Ja!  

No hay comentarios: