2º PROCESO DE SELECCIÓN:
O IES Luis Seoane abre 2º PROCESO DE SELECCIÓN para cubrir UNHA beca de mobilidade para prácticas en empresa en Portugal dirixidas a ex-alumnos titulados nun C.S. no noso centro educativo.
Algúns DATOS relativos á mobilidade:
- DURACIÓN da mobilidade: 6 meses
- DATA DE INICIO (aproximada): comezos de xullo 2014
- EMPRESAS: axustadas ao perfil profesional do beneficiario
- IMPORTE TOTAL DA BECA (para os seis meses): 2.980€
Os interesados deberán presentar SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN.
Data límite para entregar dita solicitude: vindeiro martes 20 maio 2014 ás 22:00h.
Modo de acceso á solicitude: a través do blog: programas-europeos.blogspot.com,
facendo click no icono:
Modo de entrega da solicitude: dende hoxe (día 10 de maio) ata o 20 de maio, a través de mail á seguinte dirección:
progeuropeos@gmail.com
indicando en "asunto"= LEONARDO
Algunhas DATAS no proceso de selección (maio 2014):
- Martes 20 ás 22:00h: data e hora límite para a entrega da solicitude de participación
- Mércores 21 ás 09:00h: publicación (neste blog) do listado provisional de solicitantes
- Apertura do prazo de subsanación de erros no listado provisional: ata o venres 23 de maio ás 15:00h
- Venres 23: publicación (neste blog) do listado DEFINITIVO dos solicitantes admitidos (ás 20:00h)
- Luns 26 ás 16:00h: PROBA IDIOMA (PORTUGUÉS)* (fase eliminatoria) na AULA 7 (primeiro andar):
- Primera parte da proba: exame escrito (portugués)
- Finalizada a primeira parte terá lugar o exame oral no idioma escollido
- Mércores 27: Publicación dos resultados da proba de idioma (no blog)
- Xoves 28: ENTREVISTA PERSONAL a partires das 10:40h na aula 1 (primeiro andar). Se publicará listado dos ex-alumnos e a hora á que serán convocados.
- Xoves 28: Publicación do RESULTADO do Proceso de selección (ás 19:00h)
*
Os alumnos que presenten certificado orixinal dun nivel B2 (ou
superior) no idioma portugués quedarán exentos da realización da proba do
idioma. Dito certificado deberá presentarse o luns 26 á hora na que
está convocada o inicio da proba de idioma (16:00h)
NOTA para os interesados:
Calquera dúbida ou cuestión sobre o Proxecto ALUMAR: canalizala a través do mail: progeuropeos@gmail.com
asunto: LEONARDO
asunto: LEONARDO
No hay comentarios:
Publicar un comentario