3º PROCESO DE SELECCIÓN:
O IES Luis Seoane abre 3º PROCESO DE SELECCIÓN para cubrir UNHA beca de mobilidade para prácticas en empresa en Portugal dirixidas a ex-alumnos titulados nun C.S. no noso centro educativo.
Algúns DATOS relativos á mobilidade:
- DURACIÓN da mobilidade: 6 meses
- DATA DE INICIO (aproximada): comezos de Setembro 2014
- EMPRESAS: axustadas ao perfil profesional do beneficiario
- IMPORTE TOTAL DA BECA (para os seis meses): 2.980€
Os interesados deberán presentar SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN.
Data límite para entregar dita solicitude: vindeiro Luns 23 Xuño 2014 ás 9:00h.
Modo de acceso á solicitude: a través do blog: programas-europeos.blogspot.com,
facendo click no icono:
Modo de entrega da solicitude: dende o día 10 de Xuño ata o 23 de xuño, a través de mail á seguinte dirección:
progeuropeos@gmail.com
indicando en "asunto"= LEONARDO
Algunhas DATAS no proceso de selección (Xuño 2014):
- Luns 23 ás 9:00h: data e hora límite para a entrega da solicitude de participación
- Luns 23 publicación (neste blog) do listado de solicitantes
- Martes 24 PROBA IDIOMA (PORTUGUÉS)* 10:30 h. (fase eliminatoria)
- Martes 24 ENTREVISTA PERSONAL. Para aqueles que superen a proba de idioma.
- Mercores 25: Publicación do RESULTADO do Proceso de selección.
*
Os alumnos que presenten certificado orixinal dun nivel B2 (ou
superior) no idioma portugués quedarán exentos da realización da proba do
idioma. Dito certificado deberá presentarse o Martes 24 á hora na que
está convocada o inicio da proba de idioma ( )
NOTA para os interesados:
Calquera dúbida ou cuestión sobre o Proxecto ALUMAR: canalizala a través do mail: progeuropeos@gmail.com
asunto: LEONARDO
asunto: LEONARDO
No hay comentarios:
Publicar un comentario