domingo, 22 de junio de 2014

REMATE MOBILIDADE EN LISBOA

A primeira das catro mobilidades Leonardo-PLM do Proxecto ALUMAR está a piques de rematar. 

Velaí algunhas das conclusións de Sara, quen fixo as súas prácticas nunha empresa en Lisboa. 




1.- Que te levou a tomar a decisión de irte a outro país a facer prácticas nunha empresa? 

Sara: Pois, realmente, foi unha oportunidade que se me presentou e considerei que poderìa ser unha boa opciòn de buscar novas saìdas profesionais, ademàis dunha enriquecedora experiencia a nivel persoal.

2.- Que te aportou esta mobilidade?


Sara: Poder coñecer o paìs veciño màis profundamente, aprender e pràcticar o idioma portuguès, gañar experienca profesional e persoal na Càmara Luso-Española, e sobretodo, atoparme con xente estupenda disposta a axudar en todo o posible.


3.- Dise que "O que non viu Lisboa, non viu cousa boa", persoalmente: cambiou a idea preconcebida que tiñas da cidade? 

Sara: Totalmente. Desde o primer dìa nesta cidade quedeime enamorada do lugar, dos manxares que se degustan por alì, da xente, do clima,....e algo que me encantou; a diversidade cultural de actividades coas que contan!


4.- Recomendas esta experiencia?

Sara: Creo que todo aquel que teña a oportunidade de facer este tipo de proxecto, deberìa irse de cabeza. Vai rematar gratamente satisfeito de todas as experiencias vividas no paìs elexido, segurìsimo.

5.- Algún consello para os vindeiros participantes neste Proxecto ALUMAR?

Sara: O primeiro de todo; estudar e practicar o idioma do lugar o que se decida ir. Estando no paìs è unha pena non aproveitalo e sobretodo, relacionarse a fondo cos nativos. Logo, sacar o maior rendemendo do organismo o que se vaia. Todo aquilo que se aprende serà de proveito para o futuro.


A por todas sempre!

No hay comentarios: