Fai seis meses do comezo da mobilidade de Jesús en Porto a través do Proxeco ALUMAR baixo o Programa Leonardo-PLM:
O pasado venres, rematou a súa experiencia. A continuación se recollen algunhas das súas impresións:
1.- ¿Que te levou a tomar a decisión de irte a outro país a facer prácticas nunha empresa?
Jesús.- Pois tendo en conta que fixen o CS de Comercio Internacional a verdade é que as prácticas nunha empresa de outro país parecen algo natural. Esta foi unha oporunidade que non tiven cando estaba a estudiar pero que se presentou agora e tiña que aproveitar.
2.-¿Que te aportou esta mobilidade?
Jesús.- Adquirín coñecementos en un ámbito que non coñecía (e-mail marketing). Ademáis coñecín moito a cultura portuguesa que ainda pode parecer que é moi similar a nosa pola proximidade xeográfica, en realidade ten diferencias notables. E por suposto serviume para coñecer moitas persoas distintas e non só portuguesas, tamén de outras nacionalidades, xa que a empresa tiña empleados de distintos países.
3.- Imaxino que xa estiveras antes en Porto, pero despois da mobilidade, ¿cambiou algo a túa percepción da cidade ou o país, en xeral?
Jesús.- Pois a verdade e que sí. Coñecía o típico que ceñecen tódolos turistas, pero hai moito mais que descubrir. Porto é unha cidade con mil e un lugares que explorar e que ten unha vida cultural moi intensa.
4.- ¿Recomendas esta experiencia?
Jesús.- Recomendaría esta experiencia a todo o mundo. E recomendaría pasála cuanto antes, se é posible durante os estudios ou xusto ó rematar. Realmente é algo que pode axudar moito ó crecemento persoal e profesional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario