domingo, 1 de enero de 2012

No curso 2010/2011 Sabela López, alumna do C.S. Marketing e Xestión Comercial, realizou a súa FCT en Portugal entre os meses de outubro e decembro do 2011.
Velaí as súas impresións sobre as seguintes cuestións:

Qué te levou a tomar a decisión de irte a outro país a facer a FCT?
Creo que o principal motivo foi o meu afán por viaxar, e así ter a oportunidade de coñecer un pouco máis dende dentro o país veciño así como a súa cultura, sen olvidarme da importancia de adquirir un novo idioma.  Pareceume unha moi boa oportunidade poder facer a FCT noutro país, cando nunca antes escoitara falar desta posibilidade.

Como te afectou esta experiencia?

A min serviume para ver que podes desenvolverte perfectamente, porque aínda que fose un idioma semellante ao noso, sempre tes esa especie de medo, e máis cando sabes que vas ter que traballar, e polo tanto, tes unha obriga coa que cumprir e rendir. ¡¡¡Pero que iso non vos deteña para facer as prácticas fóra!!!
Tamén me influíu positivamente no feito de sentir como que era máis independente, pero creo que o mais destacable e a sensación de traballar en conxunto, facer o teu traballo e ver que aportas algo que é valorado, tendo en conta que era a primeira vez que desempeñaba un emprego.
Recomendarías esta experiencia?
Por suposto. Quen teña a oportunidade de facer a FCT en outro país que non o dubide. Ademáis da experiencia que isto conleva, non podemos esquecer que apórtanos currículo, experiencia, e o Europass.

Algún consello para os vindeiros Erasmus?
Aínda que pode haber momentos de baixón, no que dun mínimo problema poidamos facer un moito mais grande polo feito de estar lonxe da casa, extrañar a alguén, etc., sempre se ven compensados por outros momentos bos que finalmente serán os mais relevantes cando remates “a aventura” e penses na túa FCT fóra.
Outro consello e que disfruten ao máximo da estancia, xa que tres meses pasan mais rápido do que todos pensamos.


No hay comentarios: