domingo, 22 de abril de 2012

Bratislava ZOO: domingo de portas abertas

Pois efectivamente, hoxe era día de portas abertas no Zoo de Bratislava, which means, "GRATIIIIIIIIS!".

Así que alá nos fomos 4 amigos a ver que zoo tiñan estos eslovacos, agardando atoparnos 3 gatos, unha cabra e 3 galiñas nun parque pequeno, pero diso nada!

http://www.zoobratislava.sk/

O Zoo queda nas aforas, á beira da autopista que vai a Karlova Ves, e ten unha extension brutal, nada que ver co da Madroa, jejeje. Está moi ben integrado no espazo natural, e ten unha extension como de 5 zoos de Barcelona (que é a unica referencia que teño de zoos, jeje). Cansámonos de andar.
A única nota negativa é que se puxo unha tarde moi fea e incluso comezou a chuviscar cando estabamos para marchar, senón tería sido un planazo de domingo.

Ah, e non só de animaliños vive o zoo, porque unha das seccions máis importantes é o DinoPark, onde podedes ver dinosauros que se moven, perfectamente integrados nun sitio moi bonito e moi verde. Tamén hai unha cabina onde che proxectan unha peli de 15 minutos sobre dinosauros en 3D, en eslovaco, of course.











1 comentario:

miguel dijo...

Caray como mola!!! ainda que un pouco raro que haxa dinosaurios non? jajaja