Aí vai unha anécdota curiosa, a ver se vós me podedes axudar a coñecer que é o que pasou realmente, porque eu son un defensor da bondade humana... pero tampouco son inxenuo!
Estabamos vendo 5 amigos o partido da Champions do Barça, cando sonou o mobil dun deles. Era a compañía de taxis, preguntando por Jorge, quen viñera en taxi 20 minutos antes.
Todos pensamos que se deixara algo esquecido no taxi, o taxista era unha gran persoa, e de aí a chamada da compañía, pero non podiamos imaxinar ata que punto...
Jorge, con cara de sorprendido, deixou o teléfono e contounos que a compañía lle preguntara canto lle cobrara o taxista (3,50€) e que lle dixera que estivese atento ao teléfono. Todos extrañados e facendo especulacións, a cada cal máis macabra e divertida.
Ao cabo de 1 minuto, o mobil volveu sonar. Esta vez era o propio taxista, no seu inglés eslovaco, quen lle dixo que lle dera mal o cambio, e dun billete de 20€ só lle devolvera 11,5, polo tanto tiña que devolverlle 5€ e tiña que facelo inmediatamente.
O meu colega, extrañado por este inconcebible xesto de honradez, díxolle que se eso llo descontaran a seguinte vez que collera un taxi, porque agora estabamos nun piso da Obchodna Ulica (que é unha zona peatonal). O taxista erre que erre, dixo que non se preocupara, que en 10 minutos se poñía alí e chamaba.
Ningún de nós daba credito ao que estabamos a escoitar.
Pero, en efecto, 10 minutos máis tarde, mr. Taxi Driver chamou por teléfono. Estaba no portal do edificio co billete de 5€. Atravesara media cidade, aparcara o taxi a medio quilómetro e fixera 2 chamadas, só para poder devolver 5€ que ninguén lle reclamara nin botara en falta. Eu inda sigo sorprendido!
10 comentarios:
Yo ya estaría cagada, que mieduqui!!No sé, tu sabrás, ahí la gente es muy bondadosa??
Encantame que os polacos sexan pouco serios! E a ti, Mon? (coido que me comprendes)
Perfectamente, jeje.
Conste que tampouco é que aqui sean monxas da caridá. O que si, que son moi cuadriculados.
Para demostrar que non sempre son tan honrados,cóntovos, hoxe fumos comer a un sitio e ibamos de traxe elegantisimos (viñamos dun acto da Camara americana). Entramos nun local e pedimos menú do dia. Dinnos que non queda, véndonos a pinta, porque alí teñen menu do dia por 5€ e carta para estranxeiros por 15€ aprox, e tentan sacarnos pasta. O caso é que nos levantamos e segundo saiamos pola porta dinnos en "inglés" "In menu only pork!" pero nós moi dignos, fúmonos ao sitio de costume que se come de vicio e por 4.90€.
Tu te acojonas a la mínima, hay que confiar en la gente que al final todos somos personas.
Por cierto, saludos. Ángel
No me había dado cuenta de que eras tú Ángel, sino fuera porque lo dijiste no lo hubiera visto en el nombre jeje
Eu pagaría por ver a Saray aquí sola (ou incluso con Camy), en serio, podería ser brutal.
Falando de ataques de histeria, o outro dia vin 3 españolas no super, iba dicirlles algo, pero comezaron a chillarse e a dar a nota e simplemente pasei polo seu lado mirandoas mal, como un eslovaco máis, jeje.
O mellor eran das Erasmus que non contestaron aos correos.
Yo me moria, enserio, pero todo seria acostumbrarse. Luego subo una cosa rarilla que vi hoy, estar atentos.Angelito tienes que darme una visitilla. Y quien quiera tambien. Un saludo.
Tenía que venir Saray a londres también, a los hoteles donde yo estube jajajaja
Publicar un comentario