A entrada desta semana vai sobre diferencias de idioma que resultan curiosas e graciosas.
Seguro que vós erades deses nenos que cando escoitaba certas palabras non podía resistir unha risiña vergoñenta que tentabamos disimular poñendo a man diante da boca, equivócome?
Pois aquí seguro que desfrutabades con isto:
Teta son unha tendas, tipo supermercado, hai varias pola cidade (si, pódese dicir que hai bastantes tetas en Brastislava) mentres que "La putika" é un café bastante chulo, que incluso ten paxina en facebook:
http://www.facebook.com/pages/La-Putika-Cafe/130399217029827
Esta cafeteria queda a 50m da miña casa, e o Teta mais cercano a 300m.
O peor de todo é que se estás nun restaurante contando como colliches co coche unha curva, todo o mundo se volverá escandalizado e nunca máis a camareira che volverá traer a sopa cun sorriso.
(nota do autor: Kurva en eslovaco significa "puta").
2 comentarios:
Novos exemplos de "barreiras culturais",... para o vindeiro curso!!!
Espero que o café da putika sexa bo! e espero que todo ben!
Saúdos dende unha chuviosa Pontevedra!
Esa era una de las tres palabras que sabía en polaco XD.
Publicar un comentario