Pois no día festivo tocou subir ao Castelo de Bratislava, que xa ia sendo hora.
O punto onde está o castelo leva moitos séculos con asentamentos e construccions importantes, pero o Castelo coa forma que coñecemos hoxe, data do século XIII.
A verdade é que o centro monumental de Bratislava é moi pequeniño, pódese ver todo nun día, e o camiño que sobe ao castelo pasa antes por todo o casco histórico, así que resulta moi cómodo ver todo.
Por eso non é de extrañar o que fan os xaponeses, que tódolos días ven algun grupo e se ven a cidade en 2 horas.
O Castelo conta cunhas zonas verdes ao redor bastante coidadas e polas que da gusto darse un paseo ou sentarse tranquilamente.
O Castelo tamen e un dos mellores mirarores da cidade, a perspectiva que podemos ter de Bratislava dende alí é espectacular. En primeiro plano pódese ver a torre da Catedral Gotica de San Martin, que queda xusto ao pe da colina do Castelo.
Esta é a porta pola que se accede ao interior da muralla (xa que vedes na 1ª foto como o Castelo está todo rodeado dunha muralla).
E por ultimo un Ro-Ro que pasaba polo Danubio naquel momento, cargado de camions e furgonetas.
4 comentarios:
Me gusta mucho la primera foto. Me encantan las fotos de noche.
Por cierto, las entradas van de castillos! jeje
Precioso!!
opino o mesmo que Ale...¡unha de castelos!
Publicar un comentario