sábado, 25 de agosto de 2012

Alumno Erasmus, xoven con emprego

Ainda que o seguinte artigo está enfocado cara aos universitarios, coido que tamén vos podíades incluir nel, alo menos en parte, xa que, coma eles, levades a cabo mobilidades en prácticas:

Os estudantes erasmus teñen unha clara apertura cultural. Apreron a buscarse a vida con pouco diñeiro. É xente inquieta, aberta, cunha capacidade para adaptarse maior que a dos demáis". Esta é a visión que ten Richard Weissend, presidente executivo de Heineken en España, sobre os alumnos que disfrutan desta beca de intercambio en universidades europeas. "Teñen unha clara vantaxe competitiva", asegura.
Por eso, Heineken e Recruiting Erasmus -unha división de PeopleMatters- organizaron este verán un encontro afterwork entre universitarios erasmus e empresas, entre as que se atopaban Abbott, Banesto, BBVA, CLH, Gas Natural Fenosa, Heineken, Iberia, Ikea, Inditex, Janssen, Kellogg, MSD, Prosegur, Siemens, Tecnalia, USP Hospitales e Vodafone. Unha experiencia que otorga aos xóvenes unha oportunidade de contactar con multinacionais que ofrecen emprego.
Coincide Alfonso Jiménez, socio director de PeopleMatters, con que salir a estudar fora é unha vantaxe competitiva. "So o fan un 2% de todos os universitarios. Se convirten nunha minoría ou élite". Cree que lles diferencia "o complicarse a vida ao sair de casa", enriquecer o seu currículum, aprender idiomas, ser máis flexibles aos cambios, unha emancipación temprana e máis mobilidade.

Ver artigo completo: Cinco Días

No hay comentarios: