lunes, 14 de octubre de 2013

Saudades

Quen non ten saudades do verán e do sol?
Sei que a moitos vos gustarán os días cincentos e de chuvia. Eses que nos deixan ver novas perpectivas das cidades con certa melancolía, pero eu, que detesto o calzado de inverno, adoro pasear a beiramar. E que mellor para isto, que Leça da Palmeira, unha parroquia de Matosinhos, con magnificas praias e a famosa e espectacular obra de Álvaro Siza, a “Piscinas de marés” de auga salgada para dar un bo mergullo.