lunes, 10 de marzo de 2014

Proxecto ALUMAR

PROGRAMA LEONARDO-PLM

PROXECTO ALUMAR

PROCESO DE SELECCIÓN: 1ª FASE

COMUNICACIÓN

PROBA DE IDIOMA*

O IES LUIS SEOANE convoca aos participantes (solicitantes admitidos)  no Proxecto ALUMAR baixo programa Leonardo-PLM-mobilidade prácticas en empresas,  á realización dunha proba no idioma (INGLÉS/PORTUGUÉS) elexido na súa solicitude de participación:

·         DÍA: 11 DE MARZO 2014 (MARTES)
·         HORA: 16:00h (exame escrito)
·         LUGAR: AULA 7 (primeiro andar)
NOTA:
O exame oral realizarase á finalización do exame escrito.

OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
-   Os solicitantes que NON figuren na lista de inscritos NON se poderán presentar á proba.
-   A data do exame non será modificada (nin parte escrita nin parte oral) salvo por causa xustificable debidamente documentada. 
-   Enténdese que o participante coñece con suficiente antelación dita data e ten a obriga de presentarse puntualmente no día asignado á hora establecida.
-    Os resultados do exame publicaranse o mércores 12 de marzo 2014 (neste blog).
-      Para calquera aclaración: por mail á dirección: progeuropeos@gmail.com (asunto=LEONARDO)


Os participantes que presenten certificado orixinal dun nivel B2 (ou superior) no idioma elixido quedarán EXENTOS da realización da proba do idioma. Dito certificado orixinal deberá presentarse o martes 11 á hora na que está convocada o inicio da proba de idioma (16:00h)Nesta situación, a valoración desta proba será a correspondente a un CINCO, salvo que, no propio certificado, conste a nota coa que se acadou o nivel presentado en cuxo caso terase en conta dita puntuación.

No hay comentarios: