martes, 29 de abril de 2014

Non fai falla ir a Grecia para ver o Parthenon!!!!!!!!!

Boas a todos.
Vou falar de dous museos de Londres. Gustaríame poñer as fotos que teño pero unha vez máis as novas tecnoloxías... complícannos máis a vida.
Como xa vos comentei na entrada anterior Londres é unha cidade carísima. Nembargantes, unha vez nela podedes visitar moitos dos museos que ten gratis. Sí, existen cousas gratis en Londres!jeje!
A Royal Gallery. Situada en Trafalgar Square, conta con dez pinturas de Velazquez (a Venus desnuda está aquí), de Monet, Van Dyck, Murillo etc etc. Podedes miralas todas se vos da tempo (os museos como case todo aquí pecha temprano, sobre as 17:30 18:00, e precísase ir con tempo se se quere mirar todo).
O British Museum. Tamén gratuito, agás que haxa algunha exposición específica como no anterior. Para os ingleses é un orgullo, para o resto de pobos que teñen alí parte do seu patrimonio, supoño que representará o saqueo máis aceptado a nivel mundial. Como xa se di na entrada, non fai falla ir a Grecia. Medio Parthenon está neste museo. Parte das pedras talladas que faltan no Parthenon, inclusive partes das columnas están expostos neste museo. Resulta que un inglés funcionario estivo en Grecia, e xa que estaba, aproveitou e mandou quitar parte do Parthenon, o trouxo a Inglaterra e o vendeu ó mellor postor. Outra cousa non pero os ingleses saben facer negocios jejeje!
Tamén atopades aquí momias, a pedra roseta e unha inxente cantidade de pezas pertencentes a distintos pobos do mundo.
Bueno, a ver se me reconcilio co meu ordenador e colgo as fotos, que resultarán máis interesantes.
Un saúdo.

1 comentario:

csc dijo...

Que envexa! Volvería unha e mil veces!
Disfruta de Londres!