sábado, 12 de abril de 2014

XA EN LONDRES!

Hola!
Xa estou en Londres. A cidade das cidades europeas!
O tamaño desta cidade é enorme, así como a diversidade cultural que podedes atopar. Hai xente de todas as nacionalidades que vos poidades imaxinar. Dende españois, pasando por latinoamericanos, sureuropeos, asiáticos, marroquís, indios, afrocaribeños e un longo etcétera.
Ah! pero sí, tamén podedes ver algún inglés (poucos en comparación co resto de nacionalidades, pero sí vense jeje!)
Londres, como xa imaxinades é unha cidade moi dinámica, e de traballo. Aquí podedes atopar unha extensa oferta cultural e de ocio. Algunhas gratuítas e outras pagando coa libra esterlina (un consello: se vides aquí non fagades o cambio mentalmente a euros, porque entón non saídes da casa co caro que é todo se o comparamos con España).
As miñas prácticas son nun instituto español onde o alumnado é completamente bilingüe. Como xa vos podedes imaxinar, practicar inglés é algo complicado. Por unha banda porque o profesorado, os alumnos, os conserxes etc. falan en español, e por outra banda porque a xente da rúa, moita é hispana, e outra moita sabe falar español, co cal inclusive cando pides unha dirección, contestan no noso idioma.
O traballo no instituto non resulta duro. Poderiamos dicir que o instituto español é unha pequena España en Londres.
Por certo! a semana pasada coñecimos no instituto a Rosario Flores, que veu a preguntar cousas ó centro. En fin, tiven que vir a Londres para coñecer a Rosario Flores jeje!
Para resumir esta entrada, direi que Londres é unha bonita cidade, da cal aínda me queda case todo por coñecer. E o traballo no instituto lévase ben, o trato que recibimos alí os becarios é moi bo.
Seguireivos contando en próximas entradas.
Apertas.


1 comentario:

Unknown dijo...

Sorte na aventura. Pediriaslle o autºografo a Rosario Flores jeje??