miércoles, 21 de mayo de 2014

O TRABALLO EN LONDRES!

Bueno, como xa sabedes, a crise aquí só se percibe polo alto número de europeos de países do sur que, ou ben traballan, ou ben están aquí buscando traballo.
Debido ó boom sufrido coa emigración do resto de Europa, os precios por hora, os salarios e a facilidade para atopar traballo diminuíron. Aínda así é posible atopar traballo.
Se non tedes un bo nivel de inglés é bastante difícil. Antes, fai uns anos, antes da crise, collían para traballar a calqueira que puidese chapurrear unhas cantas palabras en inglés. Agora a cousa cambiou porque hai moitísima competencia. Non só latinos, senón portugueses, polacos, italianos etc. Os italianos soen vir cun nivel baixo de inglés, ó igual que os españois. De feito, ás veces confúndennos. Os portugueses como xa sabedes, sí saben inglés, co cal teñen máis oportunidades.
Uns cantos consellos se estades pensando en vir aquí a traballar. Os empregos en Londres son carreras de fondo. Comézase polo máis baixo: cleaner, fregaplatos, ou traballos similares nos que poidas ir facendo oído co inglés. As entrevistas non son doadas. Hai que ir preparado, atoparedes moitos manuais por internet.
Ah! Un detalle importante. As cartas de presentación son importantes, pero é máis importante para optar a un posto dos que falei un currículum inglés (similar ó cv normal español pero en inglés) e non o europass. Cando os manager ven o europass saben que é dun español antes de lelo. Sí, é así. O europass sirve máis para o ámbito académico. Para calquer outro traballo como camarero ou limpador, queren un cv normal.
Se queredes facer algún curso de inglés, existen academias cun método que aquí é moi popular denominado Callan. Consiste básicamente en repeticións e construccións de oracións. Hai academias que ofertan clases con mestres de prácticas que son máis baratas. O malo son as prazas. Hai que ter tempo libre e estar moi atento.
Bueno, agardo que isto vos sirva.
Apertas.

1 comentario:

ProgEuropeos dijo...

interesante a túa entrada. Saúdos