domingo, 18 de mayo de 2014

UNHAS FOTOS!

Como o prometido é débeda, adxunto fotos dos lugares que visitei.
En primeiro lugar o Tower Bridge, símbolo de Londres.


A continuación mostra dos belos edificios de Portobello, onde está o instituto.

Aconsello visitar Candem Town, é unha parte de Londres que paga a pena. Mellor que contalo, mirar as imaxes, hai unha parte que é unha verdadeira estampa holandesa nesta época, cos barquiños...


Se queredes mirar Londres dende unha perspectiva diferente... Primrose Hill, se non estades en forma tardaredes un pouco en subir, pero o lugar desfrútase...

Tamén hai unhas vistas espectaculares subindo cara ó meridiano de Greenwich

 E o meridiano:
Seguireivos mostrando Londres, aquí sempre hai cousas que ver.
Unha aperta!

1 comentario:

ProgEuropeos dijo...

Que envexa! Londre sempre é boa opción