jueves, 17 de octubre de 2019

Morcenx, Francia

As miñas prácticas do Ciclo Superior de Comercio Internacional en Morcenx. 

O meu nome é Sandra Alonso, e estou facendo as prácticas na empresa FINSA FRANCE, que está situada en Morcenx.

Morcenx é unha poboación e comuna francesa, situada na rexión de Aquitania, departamento de Landes, no distrito de Mont-de-Marsan e cantón de Morcenx.  É un pequeno e bonito pobo que podes recorrer tranquilamente nunha soa mañán. Ten algo moi bo, que é que ten unha estación de tren no medio do pobo e desde alí podes ir a calquera sitio (é moi habitual en Francia que hasta os pobos máis pequenos teñan unha estación de tren, isto axuda moitísimo a que haxa unha boa fluidez no transporte entre as rexións francesas).

A miña experiencia na empresa está sendo realmente boa, xa que o persoal que traballa conmigo preocupase sempre de que me sinta ben acollida, cómoda e totalmente integrada. O traballo que fago gústame e viaxo sempre que podo, que máis podo pedir ?!

O centro de burdeos está a 50 minutos en tren, recomendo moitísimo ir a visitar Burdeos porque é precioso. Cada fin de semana intento ir a algunha cidade diferente para poder aproveitar e coñecer un pouco Francia.

Estas son algunhas das fotos que saquén en Morcenx, que sexa pequeno non implica que non poida ser bonito:

Esta é a praza central de Morcenx, ideal para pasear un domingo á tarde.



Esta é a Igrexa de Saint-Pierre de Morcenx-Bourg, interesante para coñecer unha versión diferente ás igrexas que estamos acostumados a ver en Galiza.



No pobo tamén hai varios establecementos con fachadas peculiares que paga a pena ver.

~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~

Como xa dixen máis arriba, cada fin de semana procuro ir a unha cidade diferente e pasar o finde alí, e así poder descubir novas experiencias e lugares maravillosos que noutra situación non me plantearía visitar. Polo momento os lugares que visiten son: Burdeos, Orleans e Bayonne.
Deixovos un par de fotos de cada un para que poidades observar un pedaciño dos meus viaxes


Burdeos (Bordeaux)


Arco de Bretagne

 Iglesia de San Miguel (Saint Michel)

~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~

Orléans


Casa de Juana d'Arco

Calle de Juana d'Arco

Catedral de Orléans

~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~


Baiona (Bayonne) 







 Unha das rúas do Casco Vello e a Cathédral de Bayonne



Point Saint-Espirit e o Carrusel Palace na praza Réduit

1 comentario:

odamacdougall dijo...

Casino Review - Get Up To €2000 + 100 Free Spins - Poormans
A relatively 강원 랜드 슬롯 머신 new gaming brand for Irish players and a strong 피망 포커 다운 focus on offering high-quality casino games, Casino Rewards bitcasino has betanalysis managed to 바인드토토 keep players on