Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de octubre de 2014

Nova mobilidade Leonardo finalizada!

Fai seis meses do comezo da mobilidade de Jesús en Porto a través do Proxeco ALUMAR baixo o Programa Leonardo-PLM:

O pasado venres, rematou a súa experiencia. A continuación se recollen algunhas das súas impresións:

1.- ¿Que te levou a tomar a decisión de irte a outro país a facer prácticas nunha empresa?

Jesús.- Pois tendo en conta que fixen o CS de Comercio Internacional a verdade é que as prácticas nunha empresa de outro país parecen algo natural. Esta foi unha oporunidade que non tiven cando estaba a estudiar pero que se presentou agora e tiña que aproveitar.

2.-¿Que te aportou esta mobilidade?

Jesús.- Adquirín coñecementos en un ámbito que non coñecía (e-mail marketing). Ademáis coñecín moito a cultura portuguesa que ainda pode parecer que é moi similar a nosa pola proximidade xeográfica, en realidade ten diferencias notables. E por suposto serviume para coñecer moitas persoas distintas e non só portuguesas, tamén de outras nacionalidades, xa que a empresa tiña empleados de distintos países.

3.- Imaxino que xa estiveras antes en Porto, pero despois da mobilidade, ¿cambiou algo a túa percepción da cidade ou o país, en xeral?

Jesús.- Pois a verdade e que sí. Coñecía o típico que ceñecen tódolos turistas, pero hai moito mais que descubrir. Porto é unha cidade con mil e un lugares que explorar e que ten unha vida cultural moi intensa.

4.- ¿Recomendas esta experiencia?

Jesús.- Recomendaría esta experiencia a todo o mundo. E recomendaría pasála cuanto antes, se é posible durante os estudios ou xusto ó rematar. Realmente é algo que pode axudar moito ó crecemento persoal e profesional.

jueves, 12 de junio de 2014

Por se é de interese:

Cursos de verano para aprender idiomas en Pontevedra La asociación de alumnos y de exalumnos de la Escuela de Idiomas de Pontevedra organiza cursos de verano en el mes de julio por la mañana de chino, japonés, árabe, griego moderno, español de lengua extranjera, ruso, esperanto, alemán, francés, italiano, inglés y portugués así como de conversación en varios idiomas por 5 euros los socios y 4 los no socios. Más información en el blog de la asociación: materlingua.wordpress.com. Fonte: Faro de Vigo (6 xuño 2014)

miércoles, 14 de mayo de 2014

2º Proceso selección- Beca Leonardo

2º PROCESO DE SELECCIÓN:

O IES Luis Seoane abre 2º PROCESO DE SELECCIÓN para cubrir UNHA beca de mobilidade para prácticas en empresa en Portugal dirixidas a ex-alumnos titulados nun C.S. no noso centro educativo.

Algúns DATOS relativos á mobilidade:
  • DURACIÓN da mobilidade: 6 meses
  • DATA DE INICIO (aproximada): comezos de xullo 2014
  • EMPRESAS: axustadas ao perfil profesional do beneficiario
  • IMPORTE TOTAL DA BECA (para os seis meses): 2.980€

Os interesados deberán presentar SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN. 

Data límite para entregar dita solicitude: vindeiro martes 20 maio 2014 ás 22:00h.



Modo de acceso á solicitude: a través do blog: programas-europeos.blogspot.com, facendo click no icono:

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxwcm9nZXVyb3Blb3N8Z3g6MzYxMmEwMjZmMDAwYjNjZg

 
Modo de entrega da solicitude: dende hoxe (día 10 de maio) ata o 20 de maio, a través de mail á seguinte dirección:
progeuropeos@gmail.com 
indicando en "asunto"= LEONARDO


Algunhas DATAS no proceso de selección (maio 2014):
  • Martes 20 ás 22:00h: data e hora límite para a entrega da solicitude de participación 
  • Mércores 21 ás 09:00h: publicación (neste blog) do listado provisional de solicitantes 
  • Apertura do prazo de subsanación de erros no listado provisional: ata o venres 23 de maio ás 15:00h
  • Venres 23: publicación (neste blog) do listado DEFINITIVO dos solicitantes admitidos (ás 20:00h)
  • Luns 26 ás 16:00h: PROBA IDIOMA (PORTUGUÉS)* (fase eliminatoria) na AULA 7 (primeiro andar):
    • Primera parte da proba: exame escrito (portugués)
    • Finalizada a primeira parte terá lugar o exame oral no idioma escollido
  • Mércores 27: Publicación dos resultados da proba de idioma (no blog)
  • Xoves 28: ENTREVISTA PERSONAL a partires das 10:40h na aula 1 (primeiro andar). Se publicará listado dos ex-alumnos e a hora á que serán convocados.
  • Xoves 28: Publicación do RESULTADO do Proceso de selección (ás 19:00h)

* Os alumnos que presenten certificado orixinal dun nivel B2 (ou superior) no idioma portugués quedarán exentos da realización da proba do idioma. Dito certificado deberá presentarse o luns 26 á hora na que está convocada o inicio da proba de idioma (16:00h)



NOTA para os interesados:
Calquera dúbida ou cuestión sobre o Proxecto ALUMAR: canalizala a través do mail: progeuropeos@gmail.com
asunto: LEONARDO

jueves, 17 de abril de 2014

Aos que os poida interesar...

http://ww3.fl.ul.pt/caple/default.aspx


Os exames producidos polo CAPLE constituen o Sistema de Avaliación e Certificación de Portugués Língua Estranxeira recoñecido polo Ministério dos Negócios Estrangeiros, a través do Instituto Camões, e polo Ministério da Educação.
 

EQUIVALENCIAS

Diploma CAPLE examen de portugués
Niveis MECR (marco europeo común referencia)

A1
CIPLE
A2
DEPLE
B1
DIPLE
B2
DAPLE
C1
DUPLE
C2

Para máis información, facede click na imaxe superior.

jueves, 10 de abril de 2014

Comezo das mobilidades do Proxecto ALUMAR nas empresas

A vindeira semana comezan a súa mobilidade nas empresas no estranxeiro, dous exalumnos do C.S. Comercio Internacional con dúas becas do Proxecto ALUMAR baixo o Programa Leonardo-PLM.



Desexámolles todo o mellor!

ERASMUS 13-14

De novo en camiño:
xa están nos seus postos de FCT os alumnos pendentes da Convocatoria Erasmus13-14. Desde o centro desexámoslles a Diana, Daniel e Víctor que teñan unha moi boa estancia nos seus destinos!!!


sábado, 1 de marzo de 2014

GALEUROPA:

Publicadas as bases que rexen as axudas para o programa GALEUROPA

Establécense, por proposta da Conselleira de Traballo e Benestar, as bases para regular a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a mozos e mozas galegos e galegas para estancias de prácticas formativas non remuneradas que se realizarán en empresas de calquera Estado ou país estranxeiro, agás España, e proceder á súa convocatoria.
  • REQUISITOS de solicitude:
a) Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
b) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Estar en posesión dalgunha das titulacións sinaladas nos parágrafos seguintes, acreditada por calquera centro público ou privado de Galicia, ou estar en condicións de obtela no momento de presentar a solicitude:
– Título de técnico/a ou técnico/a superior (grao medio ou superior) de Formación Profesional, de Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño ou de Ensinanzas Deportivas.
– Título universitario de grao ou equivalente (licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a e diplomado/a, arquitecto/a, técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a ou titulacións equivalentes das Ensinanzas Artísticas Superiores.
d) Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
e) Posuír coñecemento da lingua do país de destino elixido na solicitude cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica formativa na empresa axeitada ao seu grao de formación académica. O coñecemento do inglés considérase válido como lingua vehicular para calquera país que non teña como lingua oficial o francés, alemán ou italiano.
Serán excluídos/as os/as solicitantes que se atopen nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • PRAZO de presentación de solicitudes: un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (28 febreiro 2014).
  • TRAMITACIÓN da solicitude:  deberán presentarse preferiblemente por vía electronica segundo as instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es.

    Acceda á publicación no DOG do 28 de febreiro de 2014 co resto de instruccións relativas a proceso, solicitudes e documentación, probas, entrevistas…: ACCESO AO DOG

    viernes, 6 de diciembre de 2013

    domingo, 3 de noviembre de 2013

    Información interesante

    No BOE do pasado 29 de outubro ven de publicarse a seguinte Orde pola que se establecen as bases reguladoras da aportación complementaria do Estado aos alumnos que fagades a vosa FCT noutro país baixo o Programa Erasmus na convocatoria 13-14:


    Deixovos o enlace ao documento por se o queredes ler.
    Acceder ao documento: BOE

    sábado, 12 de octubre de 2013

    Outro intercambio formativo en marcha!


    Hoxe chegan a Galicia os alumnos do BTS Commerce International do Lycée Félix Faure. Desexámoslle unha moi boa estancia.
    Mais adiante serán os nosos estudantes de 1º e 2º curso do C.S. Comercio Internacional os que irán a Beauvais para estudar como un alumno máis do BTS no Lycée francés.

    martes, 24 de septiembre de 2013

    Matosinhos: sea, movement, culture

    Como xa recolle Gonzalo na anterior entrada, está a facer a súa FCT baixo o Programa Erasmus, nunha empresa empresa en Matosinhos onde, moi preto a él, tamén está facendo prácticas baixo otro Programa Alba Vázquez, ex-alumna do C.S. Comercio Internacional do noso instituto e nova colaboradora neste blog. Ela tamén nos contará nas vindeiras semanas, a súa experiencia en Porto onde está a residir.

    lunes, 23 de septiembre de 2013

    Mais Erasmus

    O pasado venres, Gonzalo e Patricia asinaron os seus Convenios Erasmus. Velaí o momento da sinatura co director do centro:


    Con eles completamos, polo momento, os alumnos que fan as súas prácticas no estranxeiro. Os seguintes estudantes Erasmus farán as súas mobilidades no período abril-xuño 2014. Polo de agora, eles serán os encargados de poñernos ao día das súas experiencias noutros países.

    lunes, 9 de septiembre de 2013

    Novos Erasmus


    Esta mañá tivo lugar a sinatura de dous dos novos Convenios Erasmus. Alba e mais Andrea farán a súa FCT, de setembro a decembro, en dúas capitales europeas como son Lisboa e Riga.

    Desexámoslles que aproveiten ao máximo a súa mobilidade ERASMUS e ¡boa viaxe!

    lunes, 19 de agosto de 2013

    Unha beca Erasmus se valora mais que un máster

    “Unha beca Erasmus se valora máis que un máster”

    El País, 15 Xullo 2013


    Teresa Neira Calvo (París, 1971) é experta en radiografiar aptitudes. Dende fai 17 anos observa, avalía e elixe candidatos para empresas. Esta licenciada en Dereito é a xerente de proxectos na área de procura e selección de personal en Dopp Consultores, unha empresa de recursos humanos con clientes como Telefónica, Coca-Cola ou Philips. Neira ten a cadencia de quen está habituado a conversar, escoitar ye coñecer a quen ten enfronte. Moitos deles, recién titulados, como o serán nuns anos aquels que este mes se enfrontan á difícil tarefa de escoller unha carreira. a decisión dependerá, en moitos casos, das preferencias personais, pero tamén das saídas profesionais e o estado do mercado. Variables que ela coñece á perfección.
    ...

    Pregunta. Ter unha titulación superior é a mellor baza para atopar traballo unha vez rematada a carreira?
    Resposta. Superior ou non, a formación é imprescindible. Alguén que quera ser avogado terá que estudar Dereito, pero alguén que quera traballar nunha cadea de produción deberá aprender nunha Formación Profesional. De calquera xeito, o que máis solicitan as empresas son titulados superiores.
    ...
    P. Que é entn imprescindible?
    R. Os idiomas. O inglés é totalmente esencial. E precisamente é a gran carencia educativa en España. Polo demáis, os nosos universitarios teñen boa formación. Pero case ningunha compañía contrata a alguén que non teña un dominio absoluto do inglés. Se pde completar con francés e italiano.
    ...
    Os idiomas quedan fixados como algo necesario. Qué outros complementos poden implementar o perfil dun profesional?
    R. A iniciativa, por exemplo: facer prácticas ou becas durante a carreira, sobre todo en verán. Desde o primeiro momento, se te deixan e se podes combinar ambas cosas, é algo moi positivo. Ainda que a prioridade sempre son os resultados académicos.
    P. Cando fala de iniciativa, se refire tamén ás becas Erasmus?
    R. Totalmente, me atrevería a decir que se valoran máis que un máster. Sempre que se aproveite a experiencia ao máximo. Ir a pasalo ben e non aprender o idioma –cousa que sucede demasiado a miudo– non serve de nada. Pero elexir cursar un ano no estranxeiro danos moita información sobre o titulado: cóntanos que é alguén con inquietudes e que lle gusta moverse. A internacionalización do tecido empresarial crece cada vez máis e estos xóvenes encaixan moi ben nese novo mercado en expansión.
     ...
    Ver noticia completa:Fai click

    viernes, 2 de agosto de 2013

    LINGUASNET

      




    Un proxecto galego para aprender linguas por internet gaña seguidores en Europa

    A plataforma para iniciarse en inglés, español, portugués ou rumano, financiada pola UE, nasceu en Galicia e recibe 300.000 visitas ao ano.

    En vigor dende 2008 para o público global, xa que o acceso é universal e recibe visitas de distintos países, LINGUASNET, proecto impulsado dende Galicia en 2005, acada as 300.000 visitas ao ano (datos de 2012), con preto de 800 entradas fixas diarias. A iniciativa é do IES Ribeira do Louro (O Porriño), da man do profesor de Comercio Internacional Amador Ordóñezidiomas e do Concello de Mos e se enmarca nas directrices europeas de aprendizaxe permanente, integración cultural e mobilidade entre países. Precisamente foi Bruxelas a encargada do financiamento do programa de ensinanza de idiomas on line, con case 500.000 euros.

    ver noticia completa: FARO DE VIGO 

    martes, 25 de junio de 2013

    Resultados proceso selección

    PROCESO SELECCIÓN
    MOBILIDADE ERASMUS para PRÁCTICAS
    CONVOCATORIA 13/14
    25/xuño/2013
    SELECCIÓN PROVISIONAL DE ALUMNOS ERASMUS
    Relación priorizada provisional de alumnos candidatos admitidos como beneficiarios de becas ERASMUS para prácticas en empresas, por países de destino e ciclo formativo para o programa de mobilidade Erasmus Convocatoria 2013/14:

    NOME
    CICLO FORMATIVO
    PUNTUACIÓN
    1
    Fernández Acuña, DIANA
    C.S. Administración e Xestión
    8,06
    2
    Couto Cordo, DAVID
    C.S. Com Internacional
    7,32
    3
    Ucha Bouzada, ANDREA
    C.S. Xestión comercial e márketing
    7,07
    4
    Ruades Patiño, MÓNICA
    C.S. Com Internacional
    6,81
    5
    Carballa Salgado, ALBA
    C.S. Xestión comercial e márketing
    6,58
    6
    Juncal Buceta, PABLO
    C.S. Com Internacional
    5,76
    7
    Taracido Quintillán, NICOLÁS
    C.S. Com Internacional
    5,28
    8
    Justo Rodríguez, PATRICIA1
    C.S. Xestión comercial e márketing
    7,73

    Alumnos en reserva:
    NOME
    CICLO FORMATIVO
    PUNTUACIÓN
    9
    Moldes Vieites, GONZALO
    C.S. Xestión comercial e márketing
    7,29
    10
    Blaak de Vries, GWEN
    C.S. Com Internacional
    6,83
    11
    Sanmartín Ferradás, VÍCTOR
    C.S. Com Internacional
    6,51
    12
    Vázquez Paredes, DANIEL
    C.S. Com Internacional
    6,01


    NOTA:
    1A alumna é a seleccionada no segundo proceso de selección aberto para cubrir a axuda pendente con destino Portugal.