Trátase dunha oficina na 3ª planta dun edificio remodelado de Laurinska, probablemente a rúa máis céntrica de Bratislava.
Esa da esquerda é a miña mesa.
A oficina non é enorme, porque só estamos 3 personas nela, e nin sequera estamos os 3 durante todo o día.
Nesta foto da dereita vista dende a miña posición.
E esta é a sala de reunións, para as visitas ou para os nosos gabinetes de crise, jejeje.
O mellor da oficina é a situación, xa que está na esquina máis turística da cidade, porque ten a menos de 50m todo esto:
Paparazzo:


Situada ao lado dunha cafetería do mesmo nome. Ese edificio que se ve á esquerda dende a perspectiva da estatua é o noso.
Schone Naci:

Esta está xusto enfronte, camiño da antigua praza do concello. Está baseada nun personaxe real.
Cumil (Man at work):

Esta é probablemente a estatua con máis exito entre os turistas. Resulta curioso ver como alguén lle soubo sacar partido a esta estatua. Ese mimo está ahi case a diario de 10 a 14h, hora punta dos turistas, e creo que non lle vai mal, xa hai quen tentou copialo co Schone Naci.
French army Soldier:


Esta estatua está na mesma zona, en Hlavné Namestié, diante do Instituto francés, por certo.
A cidade ten moitas máis estatuas, pero estas son as "curiosas", e teñen a particularidade de estar todas xuntas.
1 comentario:
espero poder velas en direto!
Publicar un comentario