É de xustiza recoñecer que o poderío monumental de Viena ofrece difícil comparación con calquera outra cidade, aínda que iso si, sigo preferindo vivir en Bratislava, que é moito máis accesible e acolledora. Non te sintes abrumado polos edificios, as distancias son cortas e os prezos... nada que ver!!
A mágoa da visita é que non conseguimos coller un tempo soleado, estou seguro que os palacios lucirían totalmente diferentes coa luz do sol reflexando nos numerosos adornos dourados que presentan. A pesar disto quedamos encantados do que vimos (tede en conta que eu fun o fotógrafo e que as fotos son do meu mobil)
Heldendenkmal der Roten Armee (Monumento ao Exército Vermello)
Este saía nos Simpsons, a que si?
Palacio imperial de Hofburg

Teatro Hofburg
Templo de Teseo

Palacio do Belvedere (con preciosos xardíns e fontes na parte de atrás)
Museo de historia Natural
Non consigo averiguar que era isto...
Parlamento Austríaco (quedaría chulísimo se non fora polos tranvías)
1 comentario:
A Igrexa non identificada é a de San Carlos Borromeo e si, o día gris non axuda!
Publicar un comentario