sábado, 12 de octubre de 2013

"Cuan importante é estar comunicado. No Portugal iso tamén e doado."

"Conexión ou desconexión, esa e a cuestión."

Vista de Oporto, dende o piso de Alba.
Os da éra dixital, non podemos vivir desconectados, sen movil, sen tele, sen... ¡¡¡interneeeeeeeeeeé!!!

Ben, se vas vir de España atoparaste con uns contras en certos aspectos. Como por exemplo, se es dos que mira moito a tele, aqui so hay 6 canais en aberto, dos que 4 retransmiten algo, o 5º e o do parlamento e o 6º inda esta en probas. Eu, seguidor dos deportes a motor quedeime branco o saber que para ve-los tiña que coller a televisión por cable. Aquí non se leva tanto o do satelite como en España. Se es seguidor de algunha serie ou de algun programa que se retransmita dende España pola web, encontraraste con problemas como que as emisions estan xeo-blocadas, é dicir que só se ven en territorio español.
En vez de usar un proxy para finxir que estas en España, hay unha web que si permite ver as canles españolas sen bloqueos:
Non vou explicar que é un proxy, pero vale para ver emisións de maneira des-xeolocalizada, e similar como a navegación anonima na web, para que o entendades.


Pero claro... ¿como has facer pra ve-la tele pola internet? Bueno, tes mais de unha maneira. Aqui tes un wifi de pago que se estende por todo Oporto, deixache uns 15 mins de proba, nos que supoño que guiarache como facer-la compra do servizo. Nalgun sitio incluso hay internet de balde, pero claro, non é na comodidade da casa. De todas as maneiras, encontraras puntos de conexión a cada paso. 
Eu xa teño a miña propia metodoloxia, que para quen a queira utilizar só digo unhas palabras: Linux, Aircrack, Reaver e Back Track (requiren un pequeno conocemento). 

Se ides traer o telefono, non iades estar sen o Whatsapp e tal. Recomendo comprar unha tarxeta dun operador portugués, pero o loro, aquí o tarifario non e como o español, aqui pagas por exemplo 11,16€ por 500Mb, é cando os acabes tes que estar con coidado por que che consume o saldo, vamos que non hay a tarifa plana con baixada de velocidade. Só existen paquetes por volumes de datos atá un xigabyte, é custan un ollo. Se queredes conservar o número de España, vai ser moito mais caro.

"Viaxeiro ou non viaxeiro, no vagón proba primeiro."


Se a morriña fai que querades voltar a casa algún fin de semana, tendelo facíl é relativamente barato o tren que une Vigo-Oporto e barato, xa que tendela ida e volta por 24 €, e viaxa de maneira directa, o traxecto dura unhas 2 horas. Faise un pouquiño pesado por que os trens son vellos do carallo, e os asientos non estan pensados para aguantar neles mais de unha. Só hay dous horarios, non pidades mais.

Uns chourizos, uns grelos, unhas patacas cocidas... 


Se coma min pensades en trair unha mascota, que sepades que non hay problema en subila o tren, e que non fai falta pagar o extra que se supón, xa que Portugal non cobra por levar os animais, iso si, ten que ir no transportin.

Aqui podedes ver a Neko, meu gato, durante a viaxe.
Aqui xa vedes, que pasou a fronteira e como disfruta.
















Inda me queda muito que visitar en Oporto, pero do que levo visto gustame moito, e certo que todo vese un pouco vello, pero e iso o que lle da o encanto a cidade, que moitas calzadas sean adoquinadas, esas calles estreitas...

Praça General Humberto Delgado
Agora, antes de publicar no blog, miña compañeira de piso saiu para ir visitares Oporto coa nosa compañeira Alba, e en breves eu irei tamén a facerlles compañia , xa que hay muito por ver... inda que a ver se me deixa ir o gato.
Agora mesmo, faime compañia.

Na proxima irei-vos falando un pouquiño mais de que tal o levo por aqui, que como vedes adoptei de maneira poetica. :)

2 comentarios:

csc dijo...

Miña casiña, meu lar.
Así cando volvas, seguro que valorarás más o que tes. Non hai mal que por ben non veña.
Disfruta da hospitalidade portuguesa (que para eso non fai falla wi-fi!

Alba dijo...

Ao final, non viñeches con nós ao Porto! vou ter que falar con Neko... ou quitarche a wifi! ;)

Moi boa entrada, por certo! :) que como ben di csc, cando volvamos, valoraremos máis o que temos, e tamén o que xa non temos...