jueves, 10 de octubre de 2013

Eléctrico

Recoñezo que son unha apaixonada do Eléctrico 28 en Lisboa, e sobre todo, porque o disfrutei en moi boa compañía; pero xa "sozinha" no Porto, a liña 1 do eléctrico non me deixou indiferente. Viaxar nel e poder ver o Douro a poucos metros de distancia, dende O Infante ata o Passeio Alegre, é totalmente recomendable se buscas uns minutos de evasión.




Tampouco resistín subir á liña que percorre o centro, para así revivir un pouco a historia da cidade. Sair do Carmo e ver a torre dos Clérigos, Santa Catarina, a Praça da Batalha... pero está claro, que hai que baixarse e ir a pé, para non perder os demais monumentos, os rincóns, os detalles. A esencia.


2 comentarios:

csc dijo...

Xa che debe quedar pouco, non si? Disfruta ao máximo da túa estancia.

Alba dijo...

Moi pouquiño! Un mes e un día... ains, non quero voltar!