viernes, 28 de febrero de 2014

Convocatoria BECAS LEONARDO-PLM

 PROXECTO DE MOBILIDADE INDIVIDUAL

PROGRAMA SECTORIAL LEONARDO-PLM


O IES Luis Seoane convoca CATRO BECAS de mobilidade Leonardo-PLM consistentes na realización de prácticas en empresas no estranxeiro, concretamente en Portugal e/ou Bulgaria, durante un período de 6 meses.

Ditas becas están dirixidas, exclusivamente, a ex-alumnos que cursaran os seus estudos de Ciclos Superiores de FP:
C.S. Administración e Finanzas
C.S. Secretariado
C.S. Comercio Internacional e
C.S. Xestión Comercial e Marketing
no centro IES Luis Seoane.

O proceso de selección ábrese mañá día 1 de marzo 2014.

Os criterios de selección, así como o modelo de "solicitude de interese" figurarán MAÑÁ (1 de marzo de 2014) neste blog e no taboleiro do centro. Unha vez valorados os 3 criterios (nivel de coñecemento de idiomas, entrevista personal e expediente académico) farase público o listado de puntuacións e procederase a adxudicación de destino.





No hay comentarios: