Publicadas as bases que rexen as axudas para o programa GALEUROPA
Establécense, por proposta da Conselleira de Traballo e Benestar, as bases para regular a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a mozos e mozas galegos e galegas para estancias de prácticas formativas non remuneradas que se realizarán en empresas de calquera Estado ou país estranxeiro, agás España, e proceder á súa convocatoria.
- REQUISITOS de solicitude:
a) Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
b) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c)
Estar en posesión dalgunha das titulacións sinaladas nos parágrafos
seguintes, acreditada por calquera centro público ou privado de Galicia,
ou estar en condicións de obtela no momento de presentar a solicitude:
– Título
de técnico/a ou técnico/a superior (grao medio ou superior) de
Formación Profesional, de Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e
Deseño ou de Ensinanzas Deportivas.
– Título
universitario de grao ou equivalente (licenciado/a, arquitecto/a,
enxeñeiro/a e diplomado/a, arquitecto/a, técnico/a, enxeñeiro/a
técnico/a ou titulacións equivalentes das Ensinanzas Artísticas
Superiores.
d) Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
e)
Posuír coñecemento da lingua do país de destino elixido na solicitude
cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica formativa na empresa
axeitada ao seu grao de formación académica. O coñecemento do inglés
considérase válido como lingua vehicular para calquera país que non teña
como lingua oficial o francés, alemán ou italiano.
Serán
excluídos/as os/as solicitantes que se atopen nalgunha das situacións
de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia.
- PRAZO de presentación de solicitudes: un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (28 febreiro 2014).
- TRAMITACIÓN da solicitude: deberán presentarse preferiblemente por vía electronica segundo as instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es.
Acceda á publicación no DOG do 28 de febreiro de 2014 co resto de instruccións relativas a proceso, solicitudes e documentación, probas, entrevistas…: ACCESO AO DOG
No hay comentarios:
Publicar un comentario