sábado, 1 de marzo de 2014

LEONARDO-PLM: PROXECTO ALUMAR

PROCESO DE SELECCIÓN:

O IES Luis Seoane abre PROCESO DE SELECCIÓN para cubrir catro becas de mobilidade para prácticas en empresas en Portugal e Bulgaria dirixidas a ex-alumnos titulados nun C.S. no noso centro educativo.

Algúns DATOS relativos ás mobilidades:
  • DURACIÓN da mobilidade: 6 meses
  • DATA DE INICIO (aproximada): comezos de abril 2014
  • EMPRESAS: axustadas ao perfil profesional do beneficiario
  • IMPORTE TOTAL DA BECA (para os seis meses): 3.000€ (aproximadamente)

Os interesados deberán presentar SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN

Data límite para entregar dita solicitude: vindeiro luns 10 marzo 2014 ás 08:00h.
Modo de entrega da solicitude: dende hoxe (día 1 de marzo) ata o 10 de marzo, a través de mail á seguinte dirección:
progeuropeos@gmail.com 
indicando en "asunto"= LEONARDO


Algunhas DATAS no proceso de selección (marzo 2014):
  • Luns ás 08:00h: data e hora límite para a entrega da solicitude de participación 
  • Luns 10 ás 09:00h: publicación (neste blog) do listado provisional de solicitantes 
  • Apertura do prazo de subsanación de erros no listado provisional: ata o luns 10 de marzo ás 15:00h
  • Luns 10: publicación (neste blog) do listado DEFINITIVO dos solicitantes admitidos (ás 16:00h)
  • Martes 11 ás 16:00h: PROBA IDIOMA* (fase eliminatoria) na AULA 7 (primeiro andar):
    • Primera parte da proba: exame escrito (inglés ou portugués)
    • Finalizada a primeira parte terá lugar o exame oral no idioma escollido
  • Mércores 12: Publicación dos resultados da proba de idioma (no blog)
  • Xoves 13: ENTREVISTA PERSONAL a partires das 10:40h na aula 1 (primeiro andar). Se publicará listado dos ex-alumnos e a hora á que serán convocados.
  • Xoves 13: Publicación do RESULTADO do Proceso de selección (ás 19:00h)
  • Venres 14: Reunión cos seleccionados para a elección de destino por riguroso orden de puntuación (ás 16:00h, na aula 7)

* Os alumnos que presenten certificado orixinal dun nivel B2 (ou superior) no idioma elixido quedarán exentos da realización da proba do idioma. Dito certificado deberá presentarse o martes 11 á hora na que está convocada o inicio da proba de idioma (16:00h)

Máis información sobre o proceso de selección : FAI CLICK


NOTA para os interesados:
Calquera dúbida ou cuestión sobre o Proxecto ALUMAR: canalizala a través do mail: progeuropeos@gmail.com


No hay comentarios: