jueves, 12 de abril de 2012

Vazení hostia:

Así comeza o cartel de benvida do meu apartamento/estudio/hotel. "Vazení hostia", que significa "distinguidos hóspedes".

A sensacion que me dá ao entrar, é que estou accedendo a unhas instalacións da CIA, xa que teño unha tarxeta que abre a porta do apartamento (ata aquí normal).




Pero é que para acceder ao pasillo onde está o estudio xa necesito pasar tamén a tarxeta.







E como non podía ser doutro xeito, o mesmo acontece no ascensor, que ten dentro un lector, e se non metes a tarxeta, non podes pulsar os botóns.

A porta de entrada tamén vai coa famosa tarxetiña, e alí tamén hai un segurata de 21:00 a 08:00 h.

Bueno, por se alguén ten curiosidade por como é por dentro, aquí van unhas fotos.

É un estudio con hall,  baño, cociña "full equip", tele por cable, internet, servizo de limpeza diario e cambio de sábanas e toallas semanal, un 3 estrelas nada menos, que como dín na miña terra "para quen é o porco, ben vale o cortello"









Esta foto de aquí non a saquei eu, como se pode ver, pero necesitaría poñer 3 miñas para poder coller toda esa perspectiva, e total é o mesmo apartamento.






Aquí o anaco que non se vía na foto anterior (bueno, faltan o hall cos armarios e o baño tamén).

Pódese apreciar como estaba vendo o Atletico-Real Madrid ao tempo que enviaba correos como un tolo.

4 comentarios:

ProgEuropeos dijo...

Encantoume a túa entrada!

miguel dijo...

hai se eu meto fotos do lugar onde estou agora jajajajaja

Saray dijo...

miguel, peor que el de madrid?? Saludos para Angel si nos sigue en el blog

Ale dijo...

Ba!! el nuestro es más bonito que seguro que tiene mejores vistas jeje