A sensacion que me dá ao entrar, é que estou accedendo a unhas instalacións da CIA, xa que teño unha tarxeta que abre a porta do apartamento (ata aquí normal).
Pero é que para acceder ao pasillo onde está o estudio xa necesito pasar tamén a tarxeta.
É un estudio con hall, baño, cociña "full equip", tele por cable, internet, servizo de limpeza diario e cambio de sábanas e toallas semanal, un 3 estrelas nada menos, que como dín na miña terra "para quen é o porco, ben vale o cortello"
Esta foto de aquí non a saquei eu, como se pode ver, pero necesitaría poñer 3 miñas para poder coller toda esa perspectiva, e total é o mesmo apartamento.
Aquí o anaco que non se vía na foto anterior (bueno, faltan o hall cos armarios e o baño tamén).
Pódese apreciar como estaba vendo o Atletico-Real Madrid ao tempo que enviaba correos como un tolo.
4 comentarios:
Encantoume a túa entrada!
hai se eu meto fotos do lugar onde estou agora jajajajaja
miguel, peor que el de madrid?? Saludos para Angel si nos sigue en el blog
Ba!! el nuestro es más bonito que seguro que tiene mejores vistas jeje
Publicar un comentario