Bueno, como non podía ser todo bo, nesta experiencia tamén hai sacrificios, como ter que acudir a compromisos da Cámara, o primeiro deles, o Seminario sobre Propiedade Intelectual celebrado no Hotel Kempinsky hai uns días.
Nesta foto pódese apreciar á representación da Cámara española, nun segundo plano, seguindo con atención o seminario. (non, non estabamos escoitando música, é que o eslovaco aínda non o domino tanto).
Nesta apréciasenos malamente ao fondo, no centro, pegados á parede.
Este venres novo sacrificio, teño cea-homenaxe en honor ao Exmo Sr Embaixador, no Hotel Crowne Plaza. Isto é moi moi duro.
Non sei se poderei seguir este ritmo, pero tentareino.
4 comentarios:
Joo q envidia me das. Enhorabuena.
Otros nos echamos el día entero en una fría nave hablando con chinos que nos ignoran descaradamente.
buff, nós temos o aire acondicionado estropeado, e estamos aguantando 30 graos durante varias horas.
E se eu che contase dos eslovacos freaks que nos chegan polas tardes a preguntar cousas raras (cando teño sorte de que digan algo en inglés)... por exemplo pedíndonos específicamente un traductor euskera-eslovaco.
Os chinos non te ignoran, simplemente desconfían de ti.
Estou dacordo con Mon no tema dos chineses.
Un saúdo para o ex-alumno e alumno en prácticas desa empresa santiaguesa tan potente (que non nomeo por discrecion!)
Publicar un comentario