domingo, 6 de mayo de 2012

Majáles 2012

Unha cousa que me sorprendeu é que aquí celebran a chegada de maio (esto no me sorprende, porque cos invernos que pasan...) cunhas construccións similares aos maios de Pontevedra, só que feitas de vimbio. (xusto onte que lles ía sacar unha foto xa os quitaran).

Tamén celebran un festival durante todo este fin de semana. O venres non estivo bo día, pero onte sí que nos acercamos por alí, a ver os fogos e o ambientillo, que estaba moi ben. Aproveitamos para cruzar a pe por Stary Most (a ponte vella) e Novy Most (a ponte nova). Un chaval eslovaco comentoume que cada ano morren bastantes persoas caendo dende as pontes (normal, xa comentei como a xente aquí vai facendo eses pola noite). O Danubio aqui baixa cunha forza descomunal, moita corrente e moitos remuíños, como caias xa tes que ser David Meca para contalo.




Os fogos a ritmo de "Danubio Azul" están bastante ben.  Realmente os fogos para min son os mesmos en todos lados, pero aquí, coa música, o río e a cidade de fondo parecían máis chulos.