Mostrando entradas con la etiqueta Erasmus 2011/12. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Erasmus 2011/12. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de junio de 2012

Pracujem....¡¡SÍ!!

Por fin poido facer a entrada que estaba desexando:

Un dos alumnos Erasmus retornará, nuns días, ao país donde fixo as súas prácticas: Eslovaquia... pero esta vez o fará como traballador... con soldo!


Noraboa Mon, sabes que hai moita xente que nos alegramos desta nova!

viernes, 22 de junio de 2012

todo está por comezar

Hoxe remata as súas prácticas Mon, o derradeiro alumno Erasmus desta Convocatoria 2011-2012 pechando así a participación dos oito alumnos Erasmus.
Como administradora do blog doulles as grazas as todos eles por acercarnos un pouquiño aos seus destinos e permitirnos alonxarnos tamén un pouquiño da nosa rutina cotiá.
Pero como di o título do post esto non remata aquí senon que... comeza aquí!,
boa sorte a todos!

voltaremos moi pronto...hai unha entrada que estou desexando facer!

lunes, 28 de mayo de 2012

Anuncio no xornal

Hoxe no xornal "El País" saíu publicado o seguinte anuncio:


...e lembreime dun de vós.

martes, 8 de mayo de 2012

Hoxe non traballan!

Hoxe dous de vós non estades a traballar porque nos vosos países de destino celébrase a Festa da Victoria, o remate da 2ª GM. Que pasedes un bo día!

martes, 1 de mayo de 2012

No día de hoxe... un regalo virtual!

O día1 de maio é o día internacional do traballo (supoño que ningúen de vós traballastes).
En Francia acostúmase regalar un ramo de Muguet, que son unhas pequenas flores brancas con forma de campá.
O Muguet é símbolo de boa sorte, e neste país e neste día, todo o mundo lle regala a todo o mundo estas pequenas flores como amuleto.

domingo, 22 de abril de 2012

Morriñentos??

espero que non!!
pero xa que o programa "Desde Galicia para el mundo" ademáis de visitar o noso instituto, móstranos a zona de Ribadeo, aproveito para subir un dos videos onde se aprecia a beleza da nosa terra (por se vos esquecedes!)



Pasade unha boa semana, e esperaremos as vosas entradas para seguir aprendendo cousas!

miércoles, 11 de abril de 2012

jueves, 13 de octubre de 2011

Laura... tamén traballa!

Laura co embaixador de Andorra, nun evento na Embaixada de España en Lisboa

LAURA E A SÚA FCT EN LISBOA:

Laura  enviou algunhas fotos para que vexamos como é a súa estancia en Lisboa:
Fin de semana na praia

Con grupo de amigos en Belén


sábado, 8 de octubre de 2011

Erasmus en Lisboa

Laura está a realizar a súa FCT en Lisboa e enviounos algunhas fotos dende alí. Velaí tedes: